A asociación leva mantidas varias xuntanzas co alcalde de Nigrán (a última tivo lugar o 10 de setembro), nas que se expuxeron os seguintes puntos:
- Reclamar ante a Deputación a mellora da seguridade viaria da estrada Vincios a Nigrán ao seu paso por Chandebrito (coa execución do proxecto de mellora da mesma); así como a xestión conxunta coa concellería de Vías e Obras para a dotación de capa de rodadura do camiño de Lapela (para a comunicación con Valadares) e dun tramo de
- Execución da 2ª fase da rede xeral de sumidoiros para as vivendas da Rúa das Tomadas, parte alta da Rúa das Laxes, Rúa da Barreira, Rúa das Rozadas e parte alta da Rúa da Igrexa (contestounos que se comezarían as obras a principios do ano 2009)
- Xestionar ante a Dirección Xeral de Transportes da Xunta a mellora do transporte público por estrada e ter mellores comunicacións con Vigo (apuntando a posibilidade da ampliación do autobús urbano núm. 29 de Vigo, que chega a Fragoselo, dentro do transporte metropolitano da área de Vigo)
- Información do proxecto de recuperación do Río Muíños dende o seu nacente en Chandebrito
- Convocatoria de subvencións para actividades socio culturais no ano 2008
No hay comentarios:
Publicar un comentario