10/12/08

Instalación do repetidor de TDT nas Rozadas


A asociación leva practicamente un ano intentando que se poña o repetidor de TDT nas Rozadas pois coa chegada do apagado analóxico os barrios de Pracins e Rozadas quedaran sen televisión, polo que consideramos moi importante acometer canto antes a instalación de dito repetidor.


Despois da presentación dunha primeira solicitude no concello en xaneiro e que posteriormente en sesión plenaria do concello tomouse por unanimidade o acordo de “dirixirse á Secretaría Xeral de Comunicación instándoa a que a próxima resolución de subvencións para a cobertura do sinal TDT cubra o 100 % dos gastos necesarios, garantido a cobertura do 100 % da poboación do Concello de Nigrán antes do 31 de decembro de 2008”.



Polo tanto a punto de rematar o ano 2008 sen ningún cambio, voltamos a presentar unha nova solicitude ante o concello para que a maior brevidade posible se realicen as xestións, para a instalación do repetidor, para que os barrios de Pracíns e As Rozadas poidan dispor por fin da TDT.


No hay comentarios: