4/12/17

I Festa de exaltación da landra 2017

O vindeiro sábado dia 16 de decembro na antiga escola infantil (Rúa da Igrexa, 2) realizarase a I FESTA DE EXALTACIÓN DA LANDRA DE CHAN DE BRITO, como proposta e protesta á eucaliptización dos nosos montes. Este evento guiarase polo biólogo e ecoloxista César Lema Costas.

O programa de actos é o seguinte:

16:00 h: Lectura do manifesto  
16:30 h: Obradoiro de Landraguesas (hamburguesas de landra) 
18:00 h: Merenda compartida cos pratos de landra que traia cada quen 
19:00 h: Serán

Anímase a todas aquelas persoas interesadas a levar un prato feito con landra ou froitos silvestres para compartir na merenda.


Manifesto de exaltación da landra e do carballo
Houbo un tempo, non moi lonxe, onde a xentiña facía uso do comunal, principalmente montes e bosques, terra propiedade da veciñanza. Non só aproveitaban o seus recursos: landras, herbas, froitos, raíces, cogomelos, mel, pastos, leña, varas para a cestería, etc… senón que era tamén parte da súa identidade, da súa comunidade e polo tanto era respectado, coidado e amado.
Despois o Estado coas sucesivas desamortizacións civís, principalmente, foi apropiándose ilexitimamente das terras comunais que despois subastou para lucrarse con elas, de onde resultou unha catástrofe humana e medioambiental da que é o responsable principal. Foi conculcando na xente o desamor, o auto-odio a nos mesmos e a nosa terra, e nos, de algún xeito, deixámonos adormecer no seu colo, delegando tódalas nosas responsabilidades no Estado que chaman de Benestar, e así nos luce o pelo…
Agora trona e a xente se lembra de Santa Bárbara, e sae as rúas a protestar polos lumes, cousa que non está mal, porque o que non chora non mama…se se quere chorar que se chore …pero de Santa Bárbara hai que lembrarse cando trona e mais aínda cando non trona.
Temos a sorte de que aínda moitas das terras galegas son comunais, e dicir, da veciñanza. Esa polo menos é a teoría. Na practica o Estado (A Xunta de Galicia) tenta meter baza..., e por outra banda a veciñanza non quere saber moito... e delega os usos que fan ca súa terra en persoas que forman parte das diferentes directivas das comunidades de montes que fan o que lles peta, ou o que lles inculcaron…. Si é verdade que hai directivas que están a tentar dar un xiro de temón porque ter o monte a cultivo de arcolitos (eucaliptos) pois parece que non está ben…, aínda que son pasos moi curtos de miras, porque o problema de fondo é que mirase o monte con ollos de produtivismo, de fonte exclusiva de cartos que, por outra banda, a penas se reflicten nas respectivas parroquias, e así teñen o monte a monocultivo de arcolitos e piñeiros. Por iso, mais que chorar…, o mais inmediato é recuperar ese sentimento de pertenza a unha comunidade formada por persoas convivindo entre elas e cas fragas..., tarefa nada doada, pero nada…
Hai que dar un golpe de man nas comunidades de montes, facéndonos comuneiros e comuneiras tentando de explicar ó resto, con palabras e con feitos, que a principal función do monte non debe ser producir cartos, a fraga, a carballeira (o cultivo de arcolitos non é fraga) ten funcións moito mais importantes como o temperamento das condicións climáticas, causan as chuvias polo seu proceso de transpiración, son a maior fonte de oxixeno e fixan o anhídrido carbónico loitando contra o efecto invernadoiro, funcións cruciais nestes tempos que nos tocou vivir con un cambio climático que xa case ninguén cuestiona e que afectará, mais que nada, aos mais cativos e aos que están por nacer. Iso é o que lle queremos legar a nosos fillos e netos?. A carballeira tamén contribúe a fertilización dos solos mediante a descomposición das follas en humus, frea a erosión, enche os mananciais, equilibra as pragas e enfermidades, etc..., ademais dos recursos que se poden aproveitar dos que falaba o principio. E principalmente as fragas son tamén un ben inmaterial ou iso é como a consideraban os nosos devanceiros, iso é o que temos que recuperar no mais fondo dos nosos corazóns.
No entanto, e para que non se nos tache de ecoloxistas soñadores, un carballo adulto pode dar mais de 50 Kg de landras. Con uns 10 de estes carballos, unha persoa pode sobrevivir durante un ano y estes ocupan 1.000 m2. Con unha hectárea pódense alimentar 10 persoas (actualmente, con unha hectárea de trigo, pódense alimentar entre 10 a 20 persoas). Pero as carballeiras, dan froitos (arandos, madroños, moras...) setas (80 kg por hectárea y especie), raíces, plantas silvestres, mel...etc. Aínda que nos libros de primaria que prepara o Estado para adoutrinar a nosos fillos e fillas non o poña, a base da dieta dos castrexos era a landra.
Como di o etnobotánico Daniel M. Pérez Altamira: ¿Dónde está la mejora en el número de personas, que alimenta "la agricultura" con respecto a estos bosques?

Este encontro festivo da exaltación do carballo e da landra quere mostrar de forma creativa que o monte sirve para algo mais que telo plantado de arcolitos e piñeiros. Pero, como sempre, deberiamos empezar por nos mesmos por iso convidámosche a traer un alimento feito con landras (no libro do “manual bellotero”, a partir da pax. 192, tes moitos exemplos).
Comer landras pode ser, ou ese é o noso desexo, o primeiro paso para unha revolución persoal na recuperación do corpo físico, emocional, espiritual e dos valores éticos, previo a un cambio revolucionario colectivo, baseado nos valores tradicionais e no retorno ás orixes da sabedoría popular.

Senón queres ir pro carallo bota carballo

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
Qué é o que pasou?

Onde está a fraga na que xoghaba
Na que o seu murmurio me arrolaba
Qué foi daqueles veciños cos que cantaba

O Estado nos roubou as millores terras
Condenados á fame tivemos que mighrar delas
Aghora botan arcolitos, qué pena!

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou

Onde está a chuvia que nos fecundaba
Sen carballeiras non vai ser doada
Qué foi de toda a xentiña que as coidaba

O monte non pode ser só produción
O monte hai que sentilo no corazón
Imos xuntos como irmáns a trocar esta sen razón

Non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
Qué é o que pasou?
Qué é o que pasou?
Meu qué pasou?

Porque non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou

Porque non era a nosa fraga a que se queimou
Era soamente unha plantación
Que mudou a paisaxe e a tradición
Que medren os carballos aghora éche a ocasión
E miras o çeo aghora que xa non,
aghora que non chove qué é o que pasou
qué é o que pasou?

Cómo empregar as landras caídas o pé dos carballos?
Nestas datas aínda é doado atopar landras, moitas estarán practicamente secas o pé dos carballos porque apenas choveu.
Tes que apañar unhas cantas, con 200gr podes facer 8 landraguesas (hamburguesas de landra). Ponas en auga para que hidraten, con cáscara. As que floten as desbotas, senón lle ves ningún buraco e están moi secas poden flotar, así que esas non as tires, déixaas . Cando estean hidratadas entre un ou tres días na auga, ou se afundan, lle das un corte lonxitudinal e as metes nunha tixola con tapa a lume forte. En 10 minutos aproximadamente a pel interior e exterior da landra abre e pódense xa pelar moi ben. As picas fino e as metes en moita auga a cocer, canto mais finas menos tempo de cocción. Cando as landras estean tenras, o cabo de uns 20 a 30 minutos, tiras a auga e cas landras podes esmagalas e preparar landraguesas ou calquera das receitas que veñen no Manual de cocina bellotera para la era post-petrolera.

No hay comentarios: