23/8/19

Alegacións ao anteproxecto de transporte en Chandebrito

No dia de hoxe presentamos alegacións ante a Xunta de Galicia ao anteproxecto relativo ao servizo de transporte público por estrada no Sur da Comarca de Vigo, clave XG 883, concretamente no que afecta á parroquia de Chan de Brito:

No anteproxecto de explotación do servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada denominado “Comarca do Baixo Miño e Sur da Comarca de Vigo”, con clave XG883, defínese as liñas 24 (BAIONA-SABARIS-BELESAR-SABARIS-RAMALLOSA-NIGRAN-TARELA-SAN ROQUE-CHANDEBRITO-CORUXO-VIGO E.A.) e a liña 32 (CHANDEBRITO-SAN ROQUE-CAMOS-TARELA-NIGRAN).

A liña 24 conta cunha única expedición (clasificada como “a demanda”) diaria (de luns a venres todo o ano) en sentido de ida con saída ás 6:00 e a  liña 32  conta cunha única expedición (clasificada como “a demanda”) diaria (de luns a venres todo o ano) en sentido de ida con saída ás 7:20. Ademais de ser as únicas expedicións “a demanda” previstas en toda a concesión, non está previsto en ningunha das liñas expedicións en sentido volta.

Por elo solicito que no Proxecto de explotación se aumenten as expedicións destas dúas liñas de luns a venres durante todo o ano para que o servizo á parroquia de Chandebrito, a Cruz e San Roque en Camos e se establezan expedicións de volta das referidas liñas.


A Asociacion Veciñal e Cultural Chandebrito 1807, presentou alegacións o 11 e 14 de febreiro 2013 nas que solicitaba á Administración que rexeitara a petición de reestruturación da empresa Automóviles de Tuy, S.A. e propoñía unha serie de melloras:

- Ampliación do percorrido do bus urbano núm. 29 de Vigo, dentro do transporte metropolitano de Vigo (dispoñendo de servizos de 7:45 horas a 19:40 horas cada 60 minutos e 20:40 e 22:17 ata a estación de VITRASA).
- un servizo de autobús escolar do Colexio Estudio (horario de chegada ás 9:20 -saída de vigo ás 8:25; saída ás 15:30 e ás 17:00 horas).
- A posiblilidade de que se incrementasen os servizos de Automóviles de Tuy, S.A. con destino á localidade de Nigrán e Baiona con saídas de Chandebrito ás 10:00 horas e ás 15:30.
-O prezo a pagar polo servizo, que non debería superar os 0,86 euros.

Por elo solicito que no Proxecto de explotación se:
• Elimine a previsión de expedicións “A demanda”
• Aumenten as expedicións destas dúas liñas de luns a venres durante todo o ano para que o servizo á parroquia de Chandebrito, a Cruz e San Roque en Camos e que se establezan expedicións de volta das referidas liñas.
• No caso da liña 32 solicito que se establezan dúas novas expedicións diarias con saída ás 10:00 e 15:30, así como a súas respectivas expedicións de volta.

No hay comentarios: