29/10/15
I FESTA DO MUIÑO DOS MATOS, EN CHAN DE BRITO
O domingo 8 de novembro realizaremos a I Festa do Muiño dos Matos, que restauramos o ano pasado. Ás 10.00 da mañá partiremos dende o barrio de Pracíns cun roteiro guiado hacia este muiño de auga, donde se haberá música folk, moenda, demostracións, charlas, exposicións, oficios tradicionais e posto de produtos realizados coa fariña de cereais.
Trátase dun muiño encravado nun fermoso lugar, cun alto grao de interese etnográfico ao ser sitio de paso para os veciños de Chan de Brito, que tiveron que acudir á igrexa de Camos durante centos de anos ata o 1786. Probablemente construiuse a principios do século XVIII, e aparece rexistrado no Catastro da Ensenada no ano 1753, sendo abandonado no ano 1973. No ano 2009 a Asociación conquire a cesión do seu uso e a autorización por parte dos propietarios herdeiros para a súa restauración e uso por este colectivo. Entre os anos 2013 e 2014 restáurase completamente.
26/10/15
Remate das obras de restauración dos muros do muiño das Loureiras
Hai aproximadamente un mes, finalizáronse as obras de restauración dos muros do muíño de auga das Loureiras (situado na marxe dereita da estrada de Chandebrito preto de Coruxo), probablemente construido a principios do século XVIII, e abandonado sobre o ano 1932.
Antes desta actuación estaba nun estado completamente ruinoso, coas paredes derribadas e cuberto de maleza, polo que esta Asociación conqueriu hai uns meses e por escrito a cesión do seu uso por parte dos seus propietarios herdeiros, que autorizaron á súa rehabilitación, realizada este verán pasado co financiamento da Deputación de Pontedra por importe de 2.000 €, e a man de obra de voluntariado e dos penados con traballos en beneficio da comunidade. O estado actual refléxase nas seguintes fotografías.
Antes desta actuación estaba nun estado completamente ruinoso, coas paredes derribadas e cuberto de maleza, polo que esta Asociación conqueriu hai uns meses e por escrito a cesión do seu uso por parte dos seus propietarios herdeiros, que autorizaron á súa rehabilitación, realizada este verán pasado co financiamento da Deputación de Pontedra por importe de 2.000 €, e a man de obra de voluntariado e dos penados con traballos en beneficio da comunidade. O estado actual refléxase nas seguintes fotografías.
Etiquetas:
Traballos da asociación
20/10/15
V Xornadas Micolóxicas de Chan de Brito 2015
O domingo 25 de outubro de 2015, a partires das 10 da mañá celebrarase a quinta edición das xornadas micolóxicas de Chan de Brito (débese ter en conta o cambio de horario do sábado para o domingo, xa que hai que atrasar os reloxos unha hora). A xornada guiarase por Jose Luis Tomé Ortega, secretario da Federación Galega de Micoloxía, membro da Asociación Brincabois, e experto en micogastronomía.
A programación é a seguinte:
A programación é a seguinte:
De 10.00 a 10.30 h., na contorna do Colexio Estudio: Pequena charla de introdución e entrega de información.
Ás 10.30 h.: saída e percorrido polos montes.
Ás 10.30 h.: saída e percorrido polos montes.
Ás 13.30 h. (aprox.): Regreso ao punto de partida.
Ás 17.00 h.: apertura de exposición de diversos tipos de cogumelos.
Ás 17.00 h.: Conferencia ("As texturas na cociña das setas").
XESTIÓNS PARA REPARACIÓN DE DANOS NA ESTRADA DA LAPELA E MELLORA DOUTROS VIAIS
Ante os constantes danos producidos na estrada da Lapela, que comunica o barrio da Igrexa en Chan de Brito co monte Alba, en Valadares, a causa da explotación da canteira granítica situada no lugar da Lapela, e ante a total pasividade da Comunidade de Montes da parroquia de Chan de Brito; a Asociación Veciñal Chandebrito 1807 mantivo en agosto unha entrevista co alcalde de Nigrán para pedirlle o arranxo do tramo deste vial na parte inferior da citada canteira, e que se lle requira á empresa arrendataria a colocación dunha adecuada sinalización de perigo nesta via e a reparación de danos, tales como limpeza de lodos na superficie (producidos coa escorrentía das augas pluviais), arranxo do pavimento no tramo próximo ao término municipal de Vigo, etc. Esta petición realizóuselle novamente ao rexedor no dia de onte.
Por outra banda, lembróuselle a necesidade de ensanchar a sección da Estrada Provincial de Pracíns, outra das demandas históricas da veciñanza, cuxa obra xa resultou aprobada hai máis de dez anos, pero que segue sen executarse, co conseguinte perigo para os vehículos e peóns que circulan por este vial tan estreito e de visibilidade escasa.
Ademáis, acábanse de manter contactos co concelleiro de Vías e Obras para o arranxo dun camiño de acceso ao lugar dos Matos, moi deteriorado polo efecto das choivas.
Outro aspecto que consideramos importante neste eido, é a corrección e actualización do inventario municipal de viais públicos, asunto no que xa incidiu esta Asociación presentando unha solicitude en agosto de 2014 na que se pedia corrixir 58 erros e a inclusión de tres camiños da parroquia no referido documento.
Fotografías do estado actual da estrada de Lapela, que une Chan de Brito con Valadares:
Etiquetas:
Solicitudes ou peticións
12/9/15
Bailes latinos 2015-2016
A Asociación Chandebrito 1807 convoca por segunda vez consecutiva novas clases de Bailes LATINOS, que se desenvolverán na escola infantil (Rúa da Igrexa, 2 - Chan de Brito) os venres de 19:00 a 20:00 h.
O inicio deste curso 2015/2016 está previsto para o venres dia 2 de outubro.
As modalidades a practicar serán: salsa, merengue, bachata, roda cubana e chachachá.
Os interesados poden consultar sen compromiso no teléfono 667380223 ou a través de correo-e chandebrito1807@gmail.com
Convocatoria de curso de cestería en palla (III)
A
Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", consciente do éxito
obtido noutras edicións realizadas e co fin de recuperar e poñer en
valor un dos oficios tradicionais máis antigos, convoca para esta nova
tempada 2015/2016 un curso de cestería tradicional, denominado CESTERÍA
EN PALLA DE CENTEO (III), coas seguintes características:
TÉCNICA: COSIDO EN ESPIRAL CON PALLA
DE CENTEO.
ELABORACIÓN DE CESTOS QUE CONTEÑAN GRANS E SEMENTES.
IMPARTIDO POR RUBÉN BERTO COVELO (VIGO), MESTRE CESTEIRO ARTESÁN.
FERRAMENTAS QUE DEBERÁ LEVAR O ALUMNADO: NAVALLA E PUNZÓN.
LUGAR: ESCOLA INFANTIL DE CHAN DE BRITO (RÚA DA IGREXA, 2).
DATAS: TÓDOLOS LUNS DENDE O 5 DE OUTUBRO DE 2015 ATA O 28
DE DECEMBRO DE 2015 (AMBOS INCLUIDOS) (12 SESIÓNS).
HORARIO: DE 18.00 A A 20.30 H. (2,5 HORAS SEMANAIS).
Nº PARTICIPANTES: UN MÍNIMO DE 8 – E UN MÁXIMO
DE 12 .
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: ATA O DIA 30 DE SETEMBRO, A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO chandebrito1807@gmail.com
OU NO TELÉFONO 667380223.
19/8/15
I xornada de xogos populares de Chan de Brito
O vindeiro sábado dia 29 de agosto realizarase a primeira xornada demostrativa de xogos populares tradicionais de Galicia en Chan de Brito.
Esta actividade gratuíta, que comezará ás 17.30 h. cunha duración aproximada de tres horas, terá lugar no torreiro vello da igrexa desta parroquia e está organizada pola Concellería de Cultura e a Asociación Chandebrito 1807.
Esta Asociación, dentro da súa pretensión de conservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural, tomou esta iniciativa co obxectivo de que a veciñanza e o público en xeral coñeza, valore e recupere os xogos "de toda a vida", ofrecendo unha sana alternativa de ocio e tempo libre e coa intención de fomentar as relacións sociais entre as persoas.
Esta actividade gratuíta, que comezará ás 17.30 h. cunha duración aproximada de tres horas, terá lugar no torreiro vello da igrexa desta parroquia e está organizada pola Concellería de Cultura e a Asociación Chandebrito 1807.
Esta Asociación, dentro da súa pretensión de conservar e poñer en valor o noso patrimonio cultural, tomou esta iniciativa co obxectivo de que a veciñanza e o público en xeral coñeza, valore e recupere os xogos "de toda a vida", ofrecendo unha sana alternativa de ocio e tempo libre e coa intención de fomentar as relacións sociais entre as persoas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









