Con motivo dos lumes que arrasaron a parroquia de Chan de Brito o pasado domingo dia 15 de outubro, decidiuse suspender a celebración do II roteiro de plantas silvestres de Chan de Brito, así como a presentación do libro "Bienvenida la maleza...", ata novo aviso.
Asi mesmo, tamén se suspende a realización das Xornadas de Micoloxía, que iamos convocar neste mes.
11/10/17
II Roteiro de plantas silvestres e presentación de libro "Bienaventurada la maleza"
O sábado dia 21 de outubro de 2017 en horario de mañá, terá lugar na Escola infantil de Chan de Brito (Nigrán), na Rúa da Igrexa, 4, a presentación dun libro e o segundo roteiro de plantas silvestres comestibles da parroquia, guiado por César Lema, doutor en Bioloxía.
O programa é o seguinte:
11:00 h.: Presentación do seu libro: Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza. Usos de 113 plantas silvestres de los campos norteños
11:45 – 14:00 h.: Roteiro de recoñecemento de plantas silvestres comestibles e os seus usos pola contorna.
A actividade é de acceso Libre, ao final do roteiro porase un bote para
facer unha aportación Libre, podendo tamén trocar por aceite de cociña usado.
Antes do roteiro haberá posibilidade de mercar o libro Bienaventurada la “maleza” porque ella te salvará la cabeza, usos de 113
plantas silvestres de los campos norteños, por 25 €.
Esta publicación tamén se pode descargar de xeito gratuito e responsable no seguinte enlace: http://bienaventuradalamaleza.blogspot.com.es/p/donde-conseguirlo.html
“Hubo un tiempo en que el uso de plantas y frutos silvestres era
habitual. La modernidad acabó con todo ello a base de adoctrinamiento desde las
instituciones del Estado, en particular Universidades, escuelas, púlpitos,
medios de comunicación, etc., hasta conseguir que las gentes del rural
renegaran de su mundo y de ellas mismas. El lavado de cerebro fue tan eficaz
que hasta el día de hoy se asocia el comer plantas silvestres exclusivamente
con tiempos de postguerra y hambruna. Nuestra propuesta es que los alimentos
recolectados representen al menos un tercio de nuestra dieta. Con ello
conseguiremos mejorar nuestra salud integral, gracias a la gran cantidad,
diversidad de nutrientes y energía vital de las silvestres, así como la salud
del Planeta. También es una buena forma de desafiar al Sistema…”
30/9/17
Camisetas do Petroglifo da Chan das Tomadas
Para todos aqueles que desexen colaborar con esta Asociación, infórmase que xa temos á venta as camisolas de todas as tallas e en cores verde, branco, amarelo e vermello do Petroglifo da Chan das Tomadas, ben cultural redescuberto hai uns meses e cuxo proxecto de recuperación e posta en valor agardamos realizar proximamente.
Estas camisetas teñen un prezo de 10 euros por unidade e contribuirán a financiar os citados traballos, consistentes na limpeza, delimitación e rexistro gráfico do petróglifo; pero tamén á publicación dun libro sobre a toponimia da parroquia de Chandebrito, prevista para finais deste ano 2017. Ademáis, unha parte da recadación iría destinada a persoas desfavorecidas.
25/9/17
Cestería de nasas polbeiras
A Asociación Chandebrito 1807 promove unha actividade de artesanía en vimbio para confeccionar nasas para o polbo.
Lugar: Escola Infantil de Chan de Brito (Rúa da Igrexa, 2).
Datas: Sábado 14 e domingo 15 de Outubro en horario de mañá e de tarde.
Para inscricións, poden indicar o nome e apelidos, lugar de residencia, número de teléfono de contacto e correo-e se tivese.
12/9/17
12/8/17
Novos traballos en beneficio da comunidade durante este ano
A Asociación Chandebrito 1807, con motivo dun convenio asinado co Goberno Central o 30 de outubro de 2012 e vixente a dia de hoxe, contará en breve co apoio de dúas persoas que realizarán traballos en beneficio da comunidade na parroquia de Chan de Brito ata o próximo mes de decembro.
Deste xeito, a parroquia e a súa veciñanza vanse favorecer de xeito gratuíto das melloras que se realicen, e as persoas prestadoras do servizo cumprirán a súa pena preto dos seus domicilios sen ter que pagar multas.
Deste xeito, a parroquia e a súa veciñanza vanse favorecer de xeito gratuíto das melloras que se realicen, e as persoas prestadoras do servizo cumprirán a súa pena preto dos seus domicilios sen ter que pagar multas.
As tarefas que desenvolverán son, entre outras, a roza de camiños veciñais, recollida de lixo de camiños, viais públicos e outros lugares de uso común, a sinalización de lugares de interese, a limpeza de bens culturais, etc.
Ao mesmo tempo, esta Agrupación sen ánimo de lucro recollerá as propostas que realice a veciñanza neste sentido, coa intención de realizar as actuacións de interese público que propoña a mesma.
Etiquetas:
Traballos da asociación
28/7/17
A Valedora do Pobo estima o noso recurso contra o concello por falta de transparencia
A Comisión de Transparencia de Galicia (integrada pola Valedora do Pobo), ven de dar a razón a esta Asociación na súa solicitude ao Concello de Nigrán sobre a consulta de diversos expedientes de contratación de obras, subministros e servicios relativos á parroquia de Chan de Brito.
Esta agrupación veciñal, de conformidade ao establecido na Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e demáis normativa, e ao ser parte interesada nos asuntos prantexados, presentou no Rexistro municipal solicitudes o 04/11/2016, que reiterou o 24/02/2017, para consultar a oportuna documentación, transcorrendo varios meses sen resposta algunha, ata que a Valedora do Pobo llo requeriu mediante acordo do 30.06.2017, que dí:
- Estimar o recurso presentado pola Asociación Chandebrito 1807 o 20.03.2017 contra o concello.
- Instar ao concello a proporcionar a información solicitada no prazo máximo de 15 dias.
- Instar ao concello a que remita copia electrónica ao Consello da Transparencia da información subministrada en cumprimento do acordado, no prazo máximo de 15 dias.
Igualmente, leva anos solicitando por escrito (a través do rexistro e do buzón de suxerencias e reclamacións da páxina web do Concello) que se realicen diversas actuacións necesarias e de competencia municipal na parroquia de Chan de Brito, sen que polo momento o goberno municipal contestase algunha das peticións formuladas (se ben é certo que se executaron unhas poucas, de escasa entidade).
Por elo, volverá e reclamar que se realicen ditas actuacións, sen descartar acudir á Valedora do Pobo ou a outras instancias de non ter resposta nas próximas semanas.
Etiquetas:
Solicitudes ou peticións
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



