A A.V.C. Chandebrito 1807, congratulase de que, despois dunha dura loita por parte desta asociación, a Deputación de Pontevedra executase recentemente as obras de mellora dun tramo duns
Deixamos un listado coas principais xestións realizadas dende a asociación, para conseguir o arranxo da estrada de Pracins.
2007 denúnciase publicamente nos medios de comunicación o estado da estrada.
19/09/07 solicítase por escrito á Deputación o inicio urxente das obras de ensanche, pavimentado e sinalización do vial. Enviando de novo a petición o 14/11/07
10/01/08 mantense unha reunión co alcalde para pedirlle que reiterase ante o Presidente da Deputación a solicitude de mellora da estrada
15/01/08: reunión cos presidentes das AA.VV. de Vincios e de Camos para solicitar entre as tres asociacións o arranxo urxente da estrada, enviando dita solicitude o día seguinte.
14/03/08 solicítase por escrito á Deputación que se inicien urxentemente as obras de mellora da estrada, nun tramo de 6,24 KAS. (Salgueiro – A Cruz).
25/03/08 solicítase o bacheado da estrada de Pracíns, ao que accede a Deputación.
03/04/08 envíase novo escrito ao Presidente da Deputación esixindo que se comecen as obras e que se nos informe das xestións que realicen e dos datos do proxecto, contestando oito días despois que este ano se levará a cabo unha 1ª fase para mellorar o pavimento.
Maio do 2008 denúnciase publicamente o estado de conservación da estrada.
Tamén se falou en varias ocasións con deputados provinciais, o 30 de maio, o 2, o 4, o 30 de xuño, o 2 de xullo, etc.
O 5 de xullo, a Deputación anuncia que comezarán as obras en poucos días (empezando na seguinte semana).
No hay comentarios:
Publicar un comentario