24/3/19

Arranxo do Camiño da Lapela e outros viais

Despois das solicitudes e xestións realizadas pola Asociación “Chandebrito 1807”, nos vindeiros meses vaise proceder a asfaltar a pista da Lapela, concretamente o tramo que vai desde o regato e presa da Lapela ata o acceso directo á canteira, cun investimento total de 27.945 euros.
Este vial atopábase moi deteriorado con motivo da circulación de vehículos pesados e das inclemencias meteorolóxicas, polo que esta Agrupación levaba anos solicitando a súa reparación de xeito completo.
Por outra banda, recentemente realizáronse melloras na Estrada de Chandebrito coa pavimentación dunha parte do seu tramo urbano (lugar do “Pontillón”), e tamén se arranxará un tramo desta vía na zona do “Estripeiral” – “Troqueira”, cun investimento de 7.293 €; obras tamén solicitadas en diversas ocasións por esta Asociación.
Ademáis, a Consellería de Medio Rural está arranxando pistas forestais e cunetas no monte "Regamán" (preto dos montes de Vincios e Valadares) que se atopan en mal estado, logo de pedilo tamén esta Agrupación por escrito.

No hay comentarios: