6/5/19

Comunicamos unha agresión contra o muíño das Chans

Logo de recibir aviso da veciñanza ao respecto,  no dia de hoxe comunicamos ás autoridades policiais un acto de valandismo protagonizado o pasado fin de semana (3-4 de xuño de 2019) no muiño de auga das Chans dos Cruceiros, no camiño da Lapela, do Barrio da Igrexa, na parroquia de Chan de Brito.

image.pngConcretamente, o referido inmoble sufriu pintadas de cor negro no lateral Oeste, ao igual que un cartel de obra que se arrancou na contorna deste muíño.

Trátase dun ben cultural catalogado como tal, polo que é obxecto especial de protección patrimonial.

Por elo, solicitamos que se abra unha investigación co fin de determinar o/s responsable/s desta actuación e se adopten medidas contra os mesmos, así como a reparación dos danos causados.

Desde esta agrupación non imos tolerar agresións ao patrimonio natural e cultural da parroquia, polo que vémonos na obriga de poñer os feitos en coñecemento das autoridades pertinentes, ofrecendo aos mesmos toda a colaboración posible para que se subsanen os danos, concienciar á poboación na defensa do noso patrimonio, e que no futuro non se repitan feitos tan lamentables como este.

No hay comentarios: